Programación da camelia 2025

A campaña de camelias do castelo de Soutomaior é unha cita imprescindible para amantes da botánica, da historia e da arte. Durante dous meses, o público poderá mergullarse no universo da camelia e descubrir novas formas de apreciala a través de experiencias innovadoras e participativas.
O castelo de Soutomaior vístese de gala para festexar unha nova edición da súa campaña de camelias, que se desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo cunha variada programación de actividades para todos os públicos.
Desde 2012 este Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, con máis de catrocentas variedades, ofrecerá unha axenda repleta de experiencias que combinan arte, natureza e tradición ao redor desta flor de inverno tan representativa das Rías Baixas.
ACTIVIDADES
Street escape dixital
Trátase dunha ruta circular de dificultade media e aproximadamente dúas horas de duración polos xardíns de camelia do castelo de Soutomaior.
A actividade iniciarase o 9 de febreiro, ás 16.30 h, cunha duración dunha hora e media. A partir dese día o público poderá gozar da experiencia de maneira autónoma a través do código QR situado no despacho de billetes do castelo.
É unha actividade gratuíta e dirixida a todo tipo de público.
Lendas que florecen. Contacontos
Relatos inspirados na maxia das camelias e na historia do castelo.
Datas: 23 de febreiro e 23 de marzo
Horario: 16.30 h
Duración: 1 h
Número de persoas: 30 por sesión
Prezo: 8 €
Dirixido a público infantil a partir de 3 anos
Pinceladas de Camelia. Obradoiro de pintura ao aire libre
Un espazo creativo onde as nenas e nenos poderán plasmar a beleza das camelias a través da arte.
Data: 2 de marzo
Horario: 16.30 h
Duración: 1 h 30 min
Número de persoas: 20
Prezo: 8 €
Dirixido a público infantil a partir de 3 anos
Arte con Papel
Mergúllate no fascinante mundo da arte en papel con este obradoiro creativo no que darás vida ás fermosas camelias a través de tres actividades cheas de arte e creatividade: origami, flores con papel e colaxe de flores.
Datas: 22 de febreiro e 22 de marzo
Horario: 16.30 h
Duración: 1 h 30 min
Número de persoas: 30 por sesión
Prezo: 8 €
Dirixido a público infantil a partir de 3 anos
Obradoiro de Ecoprint . Estampaxe botánica
Unha oportunidade para descubrir a técnica de estampaxe botánica sobre tea utilizando follas e pigmentos naturais. Cada persoa participante desenvolverá a fase de recollida respectuosa nos xardíns do castelo de Soutomaior e estampará nun pano.
Datas: 16 de febreiro e 16 de marzo
Horario: 11.00 h
Duración: 2 h
Número de persoas: 30
Prezo: 8 €
Dirixido a público adulto
Visitas guiadas
Dirixidas a grupos, escolares e particulares que queren descubrir a camelia dunha forma diferente.
Percorridos especiais centrados na relación da camelia con diferentes ámbitos:
- Camelia e literatura. Unha viaxe literaria a través dos textos que inmortalizaron esta flor
- Camelia e moda. Exploración da influencia da camelia no mundo do deseño e da alta costura
- Camelia e saúde. Descubrimento das propiedades beneficiosas desta flor na cosmética natural
Duración: 1 h 30 min
Para todo tipo de público
Información e venda de entradas en www.castelodesoutomaior.com ou no teléfono 886 209 500. De martes a venres, de 10 a 19 h