Escolares
Os grupos de escolares ou universitarias e universitarios e os seus docentes poderán acceder ao castelo de Soutomaior de maneira totalmente gratuíta.
Reserva previa obrigatoria cun mínimo de 15 días de antelación
Existen dúas tipoloxías de visita para escolares:
- Visita guiada ao castelo: visita guiada ao interior do castelo e visita libre aos xardíns de Excelencia Internacional
Dispoñible de martes a venres, ás 10:30 h - Visita guiada ao castelo e aos xardíns: visita guiada ao castelo de Soutomaior e aos xardíns de Excelencia internacional
Dispoñible de martes a venres, ás 10:30 h
O aforo máximo por pase será de 25 alumnas ou alumnos; para grupos de escolares esixirase unha ratio dunha ou dun docente por cada 10 alumnas ou alumnos.
Os grupos escolares de primaria e secundaria interesados en realizar a visita co apoio de material didáctico terán dispoñible na web o mencionado material para a súa descarga.