Contido web Contido web

Plantación de té

Sabías que a camelia, ademais de fermosa, é boa para a túa saúde? Produce unha das bebidas máis saudables e consumidas no mundo.

Todos os tipos de té se obteñen exclusivamente de C. sinensis; por iso, é a especie de Camellia máis importante a nivel mundial. Para a súa elaboración recóllense brotes e follas do arbusto e déixanse secar. En función do proceso de elaboración pódense obter diferentes tipos de té.

Existen catro métodos para procesar o té a partir das follas e dos brotes de C. sinensis.

Té branco. Preparado a partir de xemas novas recollidas a principios da primavera, antes de que abran. Teñen pouca cafeína e moitos polifenois e vitaminas.

Té verde. Non pasa por un proceso de fermentación; os brotes e as follas secan rapidamente unha vez recollidos. Teñen pouca cafeína e un alto contido en polifenois e vitaminas.

Té oolong. É un té semifermentado; presenta características do té negro e do verde, pero contén máis cafeína que o té verde e menos que o negro.

Té vermello e té negro. Pasan por unha fermentación completa, polo que teñen un alto contido en cafeína e un aroma máis intenso.

Historia:

resting-lute-for-tea

O uso medicinal do té remóntase aos tempos da dinastía Zhou (ano 1.000 a. C.), na China. Os seus beneficios débense a que contén unha alta cantidade de catequinas , é dicir, de substancias antioxidantes, antienvellecemento e mesmo anticanceríxenas.

Chegou a Europa no século XVII, importado en forma de follas secas como parte do dote das raíñas españolas. O costume de tomar esta bebida gustosa e enerxética arraigou rapidamente en Inglaterra.

Trataron de evitar as sucesivas importacións de follas soltas de té, así que pediron algúns exemplares de plantas vivas. Con todo, en China preocupábanse por manter o segredo e temían perder o negocio (pagábase unha libra esterlina por cada 125 gramos de té), así que lles enviaron outra especie de camelia, cunhas flores moi belas pero con follas carentes de sabor e aroma. Así chegou a primeira planta de camelia, a Camellia japonica, a Europa.

Como en Europa non foi posible traer as plantas, decidiuse ampliar e dominar a produción do té nos países de orixe e promoveuse o seu consumo por todo o mundo.

En Pontevedra a planta aparece citada no catálogo da Escola de Agricultura da Caeira de 1882 como Thea veridis, a un prezo de 2 pesetas.

Actualmente a Deputación de Pontevedra, a través da Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), elabora, promociona e divulga o té galego.

No castelo de Soutomaior:

Esta planta, símbolo das Rías Baixas, ten especial representación no xardín de Soutomaior. Temos o orgullo de ser o primeiro xardín de España en obter o distintivo de Xardín de Excelencia Internacional da Camelia, concedido pola Sociedade Internacional da Camelia no ano 2012.

No parque botánico do castelo consérvanse 18 exemplares de C. japonica do século XIX, adquiridos polos marqueses de la Vega de Armijo y de Mos. En 1982 a Deputación de Pontevedra merca a propiedade e decide potenciar e mellorar a colección. Entre 1986 e 1987 plantáronse decenas de camelias, pero o proxecto non quedou aí, senón que cada ano se van incorporando novos exemplares, polo que sempre estamos na vangarda. Na actualidade contamos con centenares de camelias de diferentes especies.

A última iniciativa foi a creación dun xardín de C. sinensis, con 72 exemplares desta planta, grazas á cal se poderán organizar visitas guiadas, guías divulgativas para escolares e actividades para poñer en valor a futura colleita deste produto.