Tarifas
Entrada individual: 5 €
Esta entrada inclúe a visita á fortaleza de Soutomaior e a súa musealización, así como aos seus xardíns e á exposición temporal coetánea o día da visita.
Entrada reducida: 2,5 €
Entrada familiar: 5 €
Esta entrada para familias inclúe a visita á fortaleza e a súa musealización, así como aos seus xardíns e á exposición temporal coetánea o día da visita.
Ofrecémosche gratuitamente un cartafol didáctico cun xogo de pistas, un plano e un lapis (entregarase no despacho de billetes unicamente un cartafol por familia).
Entrada reducida: 2,5 €
Visita guiada ao castelo: 6,50 €
Esta entrada ofréceche a posibilidade de visitar o castelo de Soutomaior e a súa musealización da man dunha ou dun guía especializado.
Entrada reducida: 3,25 €
Visita guiada ao castelo e xardíns: 7,50 €
Esta entrada ofréceche a posibilidade de visitar o castelo de Soutomaior e a súa musealización, así como os xardíns, declarados de Excelencia Internacional en Camelia, da man dunha ou dun guía especializado.
Entrada reducida: 3,75 €
Terán tarifa reducida (as reducións aplicaranse no despacho de billetes):
- Persoas de 65 anos ou máis
- Membros de familias numerosas, segundo o disposto no artigo 2 da Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e o Real decreto 1621/2005, de 30 de decembro , que desenvolve a citada lei
- Titulares de Carné Xove
- Grupos organizados formados por un mínimo de 10 persoas
Como podo pagar as taxas de acceso ao castelo?
Pode facelo en liña na nosa páxina web ou presencialmente no despacho de billetes con tarxeta bancaria. Se desexa pagar en efectivo, chame ao 886 209 500.