NADAL NO CASTELO DE SOUTOMAIOR 2024
Un ano máis chega a maxia do Nadal ao castelo de Soutomaior coa iluminación e decoración do edificio e dos seus xardíns. Ademais, preparamos diferentes actividades para gozar en familia.
VISITAS TEATRALIZADAS DE NADAL
A Raíña de Corazóns desterrou o Nadal do castelo de Soutomaior e, con el, a alegría, a luz e a voz de Branca.
Só coa túa axuda conseguiremos que Branca volva cantar e o Nadal brille de novo.
1, 6, 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro, ás 12:00, 16:00 e 17:30 h
UN RATIÑO NA CIDADE
Contacontos interactivo no que acompañaremos o rato Suso nunha aventura inmersa no espírito do Nadal.
Suso emprenderá unha viaxe para atoparse coa súa familia, acompañándoo descubriremos os segredos da natureza invernal, divertirémonos solucionando as trasnadas do seu amigo George, recollendo a horta e pedindo desexos no pozo encantado.
Unha experiencia máxica chea de natureza, aprendizaxe e espírito do Nadal!
26 de decembro e 2 xaneiro, ás 17:00 h
UNHA CARTA PARA OS REIS MAGOS
Mergúllate na maxia do Nadal cun contacontos interactivo protagonizado polos Reis Magos e os seus fieis axudantes.
A só catro días da noite de Reis unha carta chamuscada chega misteriosamente ao obradoiro de Melchor, Gaspar e Baltasar.
Unha nena pídelles un agasallo moi especial, pero ninguén sabe cal é porque a carta está incompleta.
Comeza así unha divertida e máxica aventura na que os Reis Magos deberán descifrar o desexo da nena antes de que chegue o gran día.
27 de decembro e 3 xaneiro, ás 17:00 h
Escape room
Século xv, o asalto ao castelo de Soutomaior comezou e as revoltas irmandiñas están a piques de entrar, só tes 60 minutos para evitalo.
Ven ao castelo a demostrar as túas habilidades de resolución de enigmas mentres exploras os seus recunchos máis secretos.
26 e 27 de decembro e 2, 3, 4, 11 e 12 de xaneiro ás 11:00, 12:00, 16:00, 17:00 e 18:00 h
VIDEOMAPPING
Proxección sobre a torre da homenaxe a partir do 21 de decembro de 19:00 a 20:30 h